PEDRO RUBAL
Biografía de Pedro Rubal Pardeiro
Naceu na parroquia de Castro de Ouro, concello de Alfoz, no barrio da Costoira, o 14 de xullo de 1931. Seus país eran humildes labregos. O padre, Xesús Rubal Uz, dedicábase tamén a facer zocas; súa nai, Antía Pardeiro Lorenzo atendía as tarefas da casa e acompañaba ao marido tamén nas do campo. Non tiveron máis fillos. El – que procedía por súa nai dunha familia de Pacios, Terra Cha, ao través dun sobriño dun cura de Adelán, que o casou en Alfoz – era afeccionado a ler; ela tamén, porque na casa sempre tiñan dispoñibles periódicos, xa que o pai, moi coñecido por Mariano da Costoira, era carteiro deste concello. A casa da Costoira segue en bo estado.