Enrique Geada (Quique)

Ex-alcalde de O Valadouro

Ben querido Pedro

A ocasión merece unas agarimosas verbas, de admiración e amizade.

Dicía Miguel de Cervantes: "A amizade é un perfecto acordo sobre todas as cousas divinas e humanas, xunto cun sentimento recíproco de benevolencia e afecto".

E, sendo a vida un don da Natureza, unha vida ben levada é un don do coñecemento, da cultura, do esforzo, do cumprimento como enseñante, da colaboración social e solidaria, da convivencia familiar; aunadas estas nobres virtudes revélase unha forma de valor que redunda nunha felicidade compartida coa túa dona Carme (muller de arraigados sentimentos de amabilidade).

Feito este que magnifica una lograda andaina como Mestre, Escritor, Filósofo, Comunicador… Todo un compendio intelectual de sabedoría recollida en diversos libros, artigos, narracións, diarios, revistas, etc. Unha exemplar Obra Literaria á hora de valorar os razoamentos sobre a evolución social a través dos tempos.

Enrique Geada

 

Obra que quedará no Arquivo Histórico do teu Concello, para estudio e interese das vindeiras xeracións dada a labor de divulgación dos valores materiais e inmateriais desta terra mítica do Val do Ouro.

Na recreación de tan sublime semblanza, é obrigado lembrar a honorífica distinción de ilustre Cabaleiro, sendo investido cos atributos da Orde do Mariscal Pardo de Cela, durante a túa vital labor na Asociación “O Mundo de Galea” (cofundador e primeiro presidente).

Con tales alforxas, pódese acuñar o dito por Henri Frederic (escritor moralista suizo): "Saber envellecer é una obra mestra de sabedoría, ó ser unha das partes máis difícil do arte de vivir".

Querido amigo: É mester brindar por moitas primaveras máis.

Enrique Geada