Sobre o traballo (3)
E xa que estivemos dándolle voltas as necesidades nos parágrafos das partes anteriores xa publicados, traemos aquí algo que podemos constatar nestes nosos tempos: As necesidades das xentes que carecen de diñeiro contan moito menos na maioría das conciencias que as que crea a propaganda das empresas, porque aquelas non destacan nos mercados e perde o poder estimulante, financeiramente, a súa cobertura, pese a condición de humanas. E isto ocorre de tal maneira que como toda a cultura tecnocrática pasa a ser, loxicamente, tecnotécnica, con independencia de que prexudique, ou non, á sociedade ou ao mesmo planeta, acaba considerándose un gran progreso, con tal de que este leve consigo a esperanza dunha vida cada vez mellor, aínda que enmascare os deteriores sociais e naturais.
Sería absurdo pretender corrixir todo isto, non só porque as tendencias na historia das sociedades marcan comportamentos, senón tamén porque é mester enfrontarse á complexidade das solucións loitando con certos movementos sociais, sindicais e políticos. Talvez habería que empezar por concederlle espazo a unha cultura naturo-céntrica, para evitar os danos ecolóxicos, que só se parchea a súa solución, e tampouco habería que esquecer que o traballo humano hoxe necesita solucións integrais biolóxicas, sociais, psicolóxicas e, como queda dito, ecolóxicas eficaces, todo isto nunha sociedade que permitira ao ser humano satisfacer as necesidades, desexos e preferencias encamiñadas a identificarse co que fai, abrindo canles a unha certa creatividade persoal xeneral e satisfactoria, que non será recuperable, pois aínda que as máquinas e a avanzada tecnoloxía facilitan o traballo, os valores que implica seguen sendo o problema principal do seu sentido.
Os mesmos altos funcionarios soviéticos queixábanse de que os rapaces acudían de mala gana ao traballo nas fábricas, considerándoo como unha certa humillación; pero parece que tampouco simpatizaban coa modernidade que tendía a facer do traballo a finalidade da vida. Tolstoi chegou a dicir que a man calosa facía bo e independente ao home, aínda que isto non lle impediu afirmar máis adiante que o traballo volve crueis non só as formigas, senón tamén ao home, e acabou sostendo que no traballo non pode haber virtude nin mérito. Esta idea parece que a comparten unha serie de escritores que, irritados pola hipocrisía dos apoloxistas, se lanzaron a vituperalo dunha maneira irracional. O francés Paul Sartre falou dos días malditos da semana, os do traballo, e algúns sindicalistas da a impresión de que consideran que a razón de ser do home encóntrase fora do traballo (menos horas de traballo, subida constante de salarios, etc.). Precisamente cando Marx afirma que o único que ten o home para ganar o seu sustento, e o dos seus, é o traballo.
Especialmente desde Hegel a Bergson, na temática sobre o traballo , en mans dos filósofos, pódese establecer como denominador común a afirmación de que predomina a consideración do poder creador do home, que, utilizando o seu xenio e o traballo, somete as forzas da natureza a servidume da súa imaxinación, mediante o exercicio dese poder, levándoas a proporcionarlle ALEGRÍA, que, a diferenza do PRACER, que non indica a dirección cara a onde se dirixe a vida, baliza coas súas múltiples matizacións o camiño da mesma. Tamén Sigmund Freud escribiu no seu libro, "La civilización y sus frustraciones", que cando o home non ten na súa vida disposicións particulares, non pode facer nada mellor que seguir o prudente consello de Voltaire: "cultivar o seu xardín". Engade que o traballo non só proporciona ao home o seu sustento, senón que xustifica a súa vida na sociedade. E disto dedúcense os tres fundamentos do traballo: "medio de subsistencia, satisfacción de necesidades vitais e vínculo social". (P. 385, "Historia social del trabajo", de Jaccard, Plaza y Janés, S.A., Barcelona, 1.971).