Situar as responsabilidades: Barullos Bélicos (4)
A complexa situación das responsabilidades nas guerras, sobre todo no que respecta ás súas respectivas imputabilidades, creo que esixe unha lixeira exposición. Abordala con mediana suficiencia nin está nas miñas mans nin se presenta fácil. En todo caso, intentarei apuntar algo para completar o enunciado deste artigo. Quen parece solucionar o problema con sorprendente rapidez é Kant, negando o estatus xurídico das guerras, é dicir, afirmando que non pode existir un dereito da guerra. Por conseguinte, a responsabilidade xurídica, neste suposto, non ven a ser imputable neste campo. El apoiase en que entre os Estados existe unha certa anarquía, natureza, pero non dereito, que é unha característica interna dos Estados.
Para cubrir esta estraña postura de Kant, permítanme ofrecerlles a principal razón na que se fundamenta. Di que a guerra é un medio da natureza, mediante o que os Estados se crean maiores espazos de legalidade, é dicir, aumentan a superficie na que cada Estado pode aplicar o Dereito. E deste modo acabar desembocando no que denomina Confederación dos Estados, un instrumento absolutamente necesario para acadar a Paz Internacional. Esta teoría leva a Kant a ser considerado un teórico da Guerra Xusta, porque evidencia que cre que a MORAL TEN UN LUGAR NAS RELACIÓNS INTERNACIONAIS E QUE HAY ALGUNHAS CIRCUNSTANCIAS E RAZÓNS QUE POIDAN XUSTIFICAR MORALMENTE O RECURSO Á GUERRA.
Agora ben; se as leis da guerra non derivan desta xustificación moral que abre o recurso a guerra e se aplicaron en certas circunstancias
, de onde derivan?. Se non me equivoco, os especialistas nesta materia fan referencia a dúas fontes: A lexislación que lexitima e da amparo o cumprimento dos tratados internacionais, por un lado; e por outro lado, da costume, do dereito consuetudinario nos casos de conflitos bélicos, que os acontecementos históricos foron deixando nunha situación máis ou menos embarullada. Este dereito consuetudinario, de carácter internacional está establecido pola práctica das nacións.
O mesmo dereito internacional humanitario recollido neses tratados e que afecta as leis da guerra, mediante a intervención das nacións que o consenten, para acadar un consenso xeneralizado, adoita aplicarse entre elas no caso en que as relacións o esixan. Nos Xuízos de Nuremberg, nesta cidade alemán, actuaron varios tribunais militares, xulgando aos Nazis polos crimes cometidos durante a Segunda Guerra Mundial, aplicando normas de dereito consuetudinario, definindo dereitos permisivos, así como prohibicións. E, consecuentemente, determinouse o alcance de responsabilidades individuais no marco xurídico establecido.
Infrinxir os tratados pode levar as nacións que o fagan ás responsabilidades, aínda que non sexa fácil individualizalas, como ocorre cos proxectís de uranio enriquecido, cuxo emprego nas guerras está prohibido pola Declaración Universal dos Dereitos Humanos, Carta das Nacións Unidas, Convención contra o Xenocidio, e a tortura está sancionada nos Convenios de Ginebra, Convención sobre armas químicas, etc.. En todo caso, os actos ilícitos dos Estados, parecen reflectidos na Acta resumida da 28ª sesión da Asamblea General das Nacións Unidas, na presidencia de o Sr. Milynár (Eslovaquia)-Aquí consta que a responsabilidade dos Estados pode ser fiscal, civil, administrativa, penal e política. E na aplicación da penal é operativa a responsabilidade subsidiaria, como indemnizacións, etc.
Parece que as leis que afectan ás contendas bélicas, máis que normas concretas e precisas son principios xerais, que apuntan a que as guerras deben limitarse á consecución de obxectivos políticos, e non dilatalas máis do absolutamente necesario para acadar estes obxectivos. Precisamente por isto as persoas e os bens que non teñan un papel definido nas guerras deben protexerse contra a destrución e a penuria; pero é que, ademais, mantense o principio de que os combatentes, e por suposto os que non o sexan, deben ser protexidos de sufrimentos innecesarios. A salvagarda dos dereitos humanos é indiscutible. E como a paz é un valor supremo nesta temática, debe verse o anteriormente expresado neste parágrafo como principios conducentes a mesma. Para facilitar estas esixencias legais, en caso de enfermidade ou feridas producidas especialmente nos ataques, os médicos deben gozar dunha protección especial, e non bombardear nin afundir barcos hospitais. Lamentablemente, os medios de comunicación ofrécenos esenciais carencias de acatamento a estes principios nas guerras que se manteñen en activo na actualidade.
Nesta nosa era do Antropoceno, na que xoga o principal papel o ser humano, que acada un avance espectacular na tecnociencia, con extensión á nanotecnoloxía, comunicación e ciencias cognitivas en xeral, embarcado en varios conflitos bélicos, parece que perdeu a sensibilidade que o pode conducir a regular os comportamentos, presentando un desproporcionado crecemento da irracionalidade, como evidencia o feito de desconsiderar nos conflitos bélicos que nos afectan que hai leis da guerra, que obrigan non só aos Estados, senón tamén aos individuos, e particularmente os membros das forzas armadas, que antes ou despois, como demostra a Historia, definirán, ante tribunais competentes, creados ad hoc, as correspondentes responsabilidades, por crimes de guerra, utilizar intencionadamente persoas como escudos, espías ou actos de carácter terrorista. E para documentarse basta acudir aos seguintes recursos xurídicos:
Dereito Internacional Humanitario, Código de Xustiza Militar, Revista de Dereito Internacional da Paz e dos Conflitos Armados, etc., ademais dos Tratados e Convenios entre os Estados, algún outro que foi xa citado.
Situar as responsabilidades: Barullos Bélicos (5)
Seguramente que para entender mellor a solución dalgúns problemas simplemente apuntados nos apartados anteriores deste artigo, convén dicir algo acerca dos fundamentos das normas xurídicas. Creo que é pertinente empezar por algo tan elemental como o mesmo dereito de propiedade de bens inmobles, precisamente resaltando a diferenza entre o MOMENTO DO CONTIDO, 0U MATERIA, dese dereito e o da FORZA DE OBRIGAR, OU FORMAL. O primeiro ten que ver coa orixe e a xéneses do mesmo; o segundo, o da forza de obrigar, coa validez do dereito como tal, é dicir, coa súa eficacia normativa ou vixencia do contido.
Isto pode explicarse tamén doutra maneira. Só cando o ser, a materia, dun dereito acada a súa forma, é coactivo, pode falarse do fundamento material. Parece que algúns estudosos desta temática están de acordo en que os fundamentos poden ser varios, e incluso ofrecen un exemplo: Nos 30 artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, do 3 ao 21 é unha herdade do iusnaturalismo, e do 22 ao 27, recolle as reivindicacións sociais, de sindicatos, etc. , xa conseguidas no século XIX. Sen dúbida, pensan que isto xustifica a necesidade dalgún fundamento como denominador común, nada menos que a autoridade da Asemblea das Nacións Unidas. Si
, unidas para isto, e tan diversas noutras cuestións!!.
Tendo en conta que os Dereitos Humanos non adoitan ser respectados nos conflitos bélicos, e desafortunadamente estamos na actualidade recibindo amargas experiencias disto, talvez sexa pertinente incluso cuestionarse, teoricamente, ata que punto son dereitos, posto que as súas normas non parece que sexan promulgadas (publicadas, si; pero non é o mesmo) xuridicamente, porque a autoridade da Asemblea das Nacións Unidas non cubre o cumprimento efectivo das obrigas que se derivan destas normas, que máis ven semellan ser éticas e morais que xurídicas. E a ética e a moral non é un dereito, xa que transcende o campo antropolóxico, mentres que o dereito é imperativo hipotético nel. Xustamente por isto, filosoficamente, Kant inclúe as normas éticas e morais nos imperativos categóricos, como autónomas, e as derivadas do estrito dereito, nas hipotéticas, que non son transcendentais, son heterómonas, procedentes do Estado, coa posibilidade de impoñerse empiricamente aos cidadáns, e pertencen ao positivismo xurídico (Kelsen). Esta debe ser a razón pola que non necesitan ser promulgadas as normas éticas e morais: Teñen fundamento propio.
Así parece que ese denominador común ao que fixen referencia máis arriba establece unha ponte entre ambos tipos de normas, como un fundamento común, que ven a ser o que se utiliza para dar efectividade ao cumprimento das obrigas impostas polos dereitos fundamentais mediante a mediación das normas xurídicas. E talvez as normas éticas e morais salden a débeda da efectividade coas xurídicas facilitándolles o fundamento dun marco común. Non obstante, Kelsen pensa que as normas éticas e morais carecen de significado xurídico porque foron redactadas como unha declaración de 1.948, que non é un instrumento xurídico; pero isto non o comparten outros tratadistas, argüíndo que para iso deberían levar o nome de deberes, non de dereitos, que é o que pensan os iusnaturalistas, introducindo o concepto de dereitos naturais. Outras opinións sosteñen que se trata de dereitos culturais ou históricos. Non é da miña competencia profundar aquí, mais creo que todo isto enturba a imputación de responsabilidades.
Os intelectuais que manteñen a teses de que as normas xurídicas, éticas e morais teñen unha ampla materia común supoñen que a normas éticas e morais son presupostos das xurídicas. Pero aquí é mester lembrar que por normas éticas enténdense as que regulan as operacións das persoas individuais, que forman parte dunha totalidade social, e por morais enténdese as normas que regulan operacións desas mesmas persoas individuais, pero só en tanto en canto forman parte desa totalidade, e as normas do dereito positivo forman parte dunha instancia formal, no seo dun Estado que ostenta a autoridade institucionalmente.
Se os dereitos van aparellados coas correspondentes obrigas, e historicamente, uns e outras, os camiños que recorreron para a súa declaración tiveron que abrirse loitando contra certas burocracias relixiosas, que se esforzaron en crear obrigas no campo das opinións, crenzas e confesións, que hoxe deveñen intranscendentes, ben podemos imaxinarnos a gravísima situación que xeran estas temáticas nos conflitos de matiz político e nos barullos xerados nos ámbitos de carácter bélico. Isto sen contar os propiamente xerados pola materia e as formalidades. Ofrezo só un exemplo: A perspectiva que adoptou Victor Kraft na súa ética biolóxica, con fundamentos materiais e formais dos dereitos humanos que coloca na estruturas zoolóxicas dos homes, que no parecen poder negarse, pero proba demasiado porque poden incluírse aquí tamén os dereitos dos chimpancés. E con todo isto, apuntado, sen desenrolarse, permítanme cerrar este artigo, que espero que máis que explicar, suxira.