A ética aplicada á Biotecnociencia (4)
No ámbito da investigación biotecnocientífica, sinala o Dr. Linares outros dous principios, o de AUTONOMÍA INDIVIDUAL E COLECTIVA e o de XUSTIZA DISTRIBUTIVA. E considera que estes dous principios dan protección ás liberdades e capacidades de decisión de cada persoa e da comunidade. Por suposto, non se pode impor a ninguén os produtos que pretende consumir ou utilizar. E as institucións sociais e políticas deben asegurar esa liberdade de elección dos produtos a utilizar e a independencia para o emprego doutros alternativos; pero tamén para investigar e debater todo o que atinxe a produción de bioartefactos. Aquí as controversias que podan aparecer incluso se verían reproducidas se o etiquetado de produtos transxénicos se impón a todo o mundo. Son cuestións que requiren unha certa precaución na aplicación destes principios. A mesma liberdade de investigación pode comportar resultados indesexables en caso de utilizar medios e proporse fins que abriguen sospeitas de posibles perigos, debido á incerteza do proceso.
Finalmente, a regulación do aproveitamento do poder tecnolóxico é unha esixencia da XUSTIZA DISTRIBUTIVA, que garante unha distribución equitativa de oportunidades e bens de interese público. Adquire, pois, relevancia aquí a posibilidade de que a biotecnoloxía contribúa a reducir a brecha entre os pobres e os ricos. A distribución de responsabilidades de evitar riscos debe efectuarse a nivel global e, especificamente, a nivel de países e rexións, para que reine a xustiza e o dereito ao goce dos beneficios da tecnociencia en igualdade de oportunidades, e, sobre todo, primando os máis necesitados no mundo, todo con exquisito coidado cando se trata de produtos biotecnolóxicos de matiz terapéutico: O biocapitalismo debe suxeitarse ás necesidades sociais. Resulta necesario evitar, polo tanto, que o capitalismo siga colonizando a tecnociencia, como ocorre na actualidade no mundo, despreocupándose dos factores de risco "ecosistémico" ambiental.
Por último, permítanme apuntar algo relativo á cultura humana que, segundo as opinións dun grupo de destacados intelectuais, está abocada a recibir un profundo cambio como CONVERXENCIA dos avances no campo tecnolóxico e científico. A primeira converxencia ten lugar entre a computación cuántica e o cálculo verificable: hai camiño aberto para máquinas cuánticas. A segunda converxencia: A IA (intelixencia artificial) imita o cerebro, que facilita a medición de sistemas neuromórficos que posibilitan a elección (por exemplo, en empresas) do máis adecuado obxectivamente para un determinado fin. A terceira converxencia permite que a supercomputación sexa capaz de realizar un "quintañón" de cálculos por segundo: podemos simular a realidade a escalas e resolucións previamente inabordables, o que equivale a dicir que a velocidade de innovación científica cambiou, porque o descubrimento científico no que se inverten meses pasa a unha hora de simulación. A superación da redución enerxética, que a enerxía deixa de ser colo de botella, e permite que as tecnolóxicas podan escalar sen límites, posibilitando un avance na fusión nuclear, que é considerada como cuarta converxencia. A quinta converxencia expande o límites do habitable, facilitando descubrir precursores anímicos, porque os límites do habitable no universo son máis flexibles.
Imaxinemos, pois, que cando a automatización sexa de laboratorio necesitará "robótica humanoide", que non serán máquinas programadas, senón sistemas que integren intelixencia neuromórfica para decisións en tempo real, que consuman enerxía xerada por fusión. E, sen dúbida, os controles das converxencias integrantes da converxencia total entre elas "reconfigurará" toda a nosa civilización, evitando esixencias éticas e xerando outras imprevisibles, por agora. As decisións políticas nesta nosa situación hai que recoñecer que son difíciles polo descoñecemento de toda esa nova realidade na que irá converténdose o imaxinativo de hoxe; posto que opoñerse equivale perturbar procesos inevitables. E terminemos aquí pensando se no futuro asumirá a robótica mediante a intelixencia neuromórfica as finalidades éticas.
(Os parágrafos relativos a converxencia son un intento meu de resumir unha información do periodista científico, D. Eduardo Matínez de la Fe, en T 21, publicada o 9-1-26, correo electrónico).