Situar as responsabilidades: Barullos Bélicos (2)
Non cabe dúbida que as posibilidades que temos de autodestrución son inmensas. Basta pensar na bomba atómica, que nos leva a reflexionar acerca do tipo de ética da que estamos necesitados, que, segundo algúns intelectuais, talvez podería ser a que impón a obrigación de facer estimacións das consecuencias paralelas ao desenrolo das tecnoloxías, que implique a limitación do que podemos facer a fin de evitar consecuencias previstas. É a única maneira de establecer un límite no factible no marco das leis naturais, que nos posibilita a evitación de avances perniciosos, aínda que xustamente aquí é onde se nos presenta a cuestión ética, xa que cabe actuar pensando que non sabemos facer isto, pero hai que intentalo, ignorando o alcance das consecuencias paralelas dos avances tecnolóxicos.
Situados aquí, nada urxe tanto como intentar coñecer os factores que nos axudan a facelo, mediante unha adecuada análise, para encontrar recursos que impulsen a nosa propia conciencia a que nos presente a necesidade de seguir sendo humanos, especialmente na manipulación xenética, un lugar suficientemente sensible a caer na extrema gravidade que poden comportar as irreflexivas e irracionais decisións relativas a intervir, non en controlables correccións xenéticas, senón no mesmo sistema estrutural, cambiando a súa función de especificación.
Pero tamén resulta inquietante reflexionar se a potencialidade ética poderá bloquear os desexos de facer moitas cousas superando os mesmos límites naturais, sobre todo cando se teñen escuros os criterios para decidir o que é conveniente para o ser humano. Pois e isto xa o dixo Platón se non hai consenso nos valores básicos, xa non nos queda máis que o interese pola supervivencia humana, que pode que non sexa suficientemente fundamental na súa consideración. E hai quen opina que o resultado decisivo está na discusión entre os eruditos e estes e a opinión pública. Resulta suxestivo que cando ameaza a imputación por responsabilidade en cuestión grave, a elite pretende subir à barca a opinión da cidadanía.
E nesta temática, as diferenzas de opinión son diversas e dunha gran variedade. Reparemos nun exemplo. A renuncia a facer cousas que podan ter graves consecuencias para o futuro é dunha declaración vaga e imprecisa. No caso de que apareza algo positivo, tempo andando, e que escureza as consecuencias graves, tomarase a decisión de facelo, algo que pode, incluso, ocorrer hoxe mesmo na imaxinación dun investigador; pero en todo isto a responsabilidade fai o seu xogo: ¿Cómo se fixa a imputabilidade da mesma?
Esta non é unha pregunta fácil de contestar co necesario rigor que esixe a resposta, porque non só existe responsabilidade en tanto algunhas persoas teñan que evitar que non se producirán determinados conflitos, e a pesar diso xorde a responsabilidade se se produce o conflito, senón que esta mesma responsabilidade está relacionada tamén coa liberdade, en canto hai unha marxe libre na que o responsable decide e outras persoas non interfiren.
Pero o responsabilizarse ten que producirse á medida do conflito. Ese poder no que está aniñada a responsabilidade, no exemplo anterior, non adoita estar nunha persoa concreta, senón en institucións, e facer responsables a estas carece, por agora, de modelos adecuados, salvo en Dereito Internacional, como o caso dunha guerra de represalia. E, ás veces, as mesmas institucións xa non teñen a forma orixinaria cando se produce o conflito, como pode ser o caso dun Parlamento responsable, posto que pode posuír outra composición.
Existen, pois, problemas de natureza xurídica, xa que non se puxo a proba a posibilidade de responsabilidades nas institución por motivo de conflitos, e elas mesmas non soen ser accesibles nestes casos na forma na que conviña e debían responsabilizarse deles, e a isto hai que sumar que son irrenunciables aínda que sexan responsables. En todo caso, os especialistas pretenden dar solución a isto distinguindo dous conceptos de responsabilidade nestes supostos: O FORMAL, cadaquén é responsable do que fai, e tamén polo que HAI QUE FACER, respondendo de algo porque está no ámbito do propio poder: padre fillo.