Un curto paseo polo pensamento de Gadamer e Chomsky (2)
(Segunda Parte)
Evram Noam Chomsky, de nacionalidade estadounidense, e de orixe xudeu, filósofo, lingüista, catedrático, con ideoloxía socialista libertario. Di o Dr.D. Leandro Sequeiros, que me envía un importante traballo sobre este filósofo, que a súa obra, "Estructura lógica de la teoría lingüística", publicada en 1975, tivo xa un efecto sobre as teorías lingüísticas e psicolóxicas, entonces en boga, verdadeiramente demoledor, atacando os presupostos centrais do ESTRUTURALISMO e da PSICOLOXÍA CONDUTISTA. E como se poden traducir as combinacións de ideas a combinacións dun código, considera a gramática como un sistema combinatorio discreto que permite construír infinitas frases a partir dun número finito de elementos, aplicando regras diversas que poden formalizarse; e a correspondente sintaxe pode considerarse unha gramática formal. Esta referencia que fago a linguaxe só me interesa para que o lector tome nota da relevancia que ten para este filósofo. Non pretendo abordar a temática cunha amplitude improcedente para unha colaboración como esta, modesta, pola miña parte, e breve, por esixencias funcionais.
En canto político, parece que influíu nel a lectura dos anarquistas españois exiliados en EE.UU. É un crítico do CAPITALISMO e do DARWINISMO SOCIAL de Herbert Spencer. Opúxose a Guerra de Vietnam. Publicou numerosos artigos e ocupouse da RESPONSABILIDADE DOS INTELECTUAIS, criticando a política exterior de EE.UU. En xeral, pensa que a política debería ser cousa de todos e non entregarse á INTELIGENTSIA, nin aos políticos. Polo que respecta a GLOBALIZACIÓN, cre que se trata de globalizar a economía e, neste caso, Estados Unidos controlaría toda a economía mundial co apoio do que chama organismos satélites, como o Fondo Monetario Internacional, Banco Mundial, etc. Pero esta actitude, no fondo, creo que non lle impide adoptar posicións en defensa, máis ou menos explícitas, de que todo o que nos rodea sexa considerado como un ente sistemático, que deberíamos ter presente nos comportamentos ecolóxicos, evitando "ecocidios" de consecuencias imprevisibles desde unha óptica antropocéntrica.
Sobre os intelectuais occidentais, di Chomsky que o seus historiais son principalmente o servizo ao poder, nunha conversación con Krauss e Sean M. Carroll, sobre a ciencia, o 1 de marzo de 2006, recollida en "Noticias de Ciencias e Tecnología" (Dr. Sequeiros). E segue afirmando que a maioría dos intelectuais son persoas acomodadas, teñen capacitación e recursos. Pero..., se alguén traballa 50 horas ao día!? para levar comida a mesa e nunca terminou a escola secundaria..., iso non significa que sexa menos intelectual: "de feito, algunha das persoas mellor educadas que coñecín, di, nunca pasaron do cuarto grado".
Insiste en que a ciencia, tan pronto como as cousas se volven demasiado complexas, non pode abordalas. Por iso as ciencias reais no nos din practicamente nada sobre os asuntos humanos. A ciencia é unha exploración de cuestións moi difíciles -di un pouco máis adiante-, pero non aclara nada sobre se hai algo no que a xente cre cando fala de Deus. Nin sequera fala dese tema. Fala de cómo evolucionan os organismos.
O Dr. Sequeiro envía tamén unha extensa disertación de Chomsky, nun debate celebrado sobre a INVESTIGACIÓN RACIONAL, onde comeza preguntándose se deben as conclusións ser consistentes coas premisas (talvez incluso derivarse delas). Ven a dicirnos que a ciencia está dominada polo "xénero masculino branco". "Está limitada por prexuízos culturais, raciais e de xénero e "establece e perpetúa" a organización social con propósitos políticos, sociais e económicos ocultos". O dominio da ciencia non foi cuestionado, utilizouse para crear novas formas de control mediadas polo poder político e económico. Logo hai algo intrinsecamente malo nela. Talvez, penso, aplicarse excesivamente a intereses particulares, removendo os fundamentos éticos e estéticos que ampararían unha concepción unitaria sistematicamente da natureza.
Resulta non pouco sorprendente que este intelectual nos diga que as artesanías e as tecnoloxías deberían ser abolidas por completo, xa que este tipo de pensamento, e a súa práctica, se utilizou durante milenios para construír ferramentas de destrución e opresión, baixo o control dos homes brancos, e todo isto, froito do coñecemento intuitivo, está máis aló do que pode obterse por dedución lóxica. Insistindo na inmersión socio - política- económica, vincula Chomsky o progreso científico e tecnolóxico a consignas ideoloxías de matiz socialista e capitalista, que debemos abandonar, se queremos evitar erros e perversidades.
Non obstante, comparte con Descartes que a capacidade de comprensión das "ciencias máis profundas" e os "elevados sentimentos" son un atributo humano común, e os que carecen da oportunidade de exercitar a capacidade de indagar, crear e comprender están perdendo algunhas das experiencias máis marabillosas da vida; pero non falta quen condene esta crenza humana por colocar etiquetas noutros como "defectuosos". Isto levou a moitos científicos a participar na animada cultura da clase traballadora, seguindo os programas da educación obreira e incluso escribindo libros ad hoc.
Estes parágrafos, obtidos da información do Dr. Sequeiro, da que indica como Fonte un Número especial de Z Papers. 1.995, creo que xustifican a extensión da seguinte cita, traducida ao galego: "A crítica da 'ciencia' e da 'racionalidade' ten moitos méritos que non discutín. Pero ata onde podo ver, cando a crítica é válida e útil se dedica en gran medida a perversión dos valores da investigación racional tal como son 'mal utilizados' nun entorno institucional particular... Ata onde eu podo discernir -segue afirmando Chomsky-, non se suxire ningunha alternativa coherente: a razón, talvez, que non a hai. O que se suxire é un camiño que conduce directamente ao desastre para as persoas que necesitan axuda, é dicir, para todos, en pouco tempo".