Hai 90 anos nace un neno en Alfoz, que coa súa frutífera traxectoria ben merece ser adoptado fillo predilecto do seu concello.
Ten unha infancia pletórica de promesas, vivaz e emprendedora. Unha xuventude comprometida cos seus compañeiros e profundamente amante dos libros. Recibiu a súa formación universitaria en Santiago.
As circunstancias da súa vida levárono a atoparse con Carmen, muller exemplar, coa que formou unha familia consolidada.
Pedro dende xove foi amante da ciencia, entregándose por completo á formación dos seus alumnos e ó mesmo tempo publicando os seus coñecementos sobre a filosofía e outros artigos sobre diversos temas.