Karl Popper: Algúns puntos de reflexión (III)
Podemos esquematizar así os pasos que integran o proceso do método científico, segundo Popper na súa obra titulada "El mito del marco común": PROBLEMAS - TEORÍAS - CRÍTICAS - PROBLEMAS (p.157). A obxectividade da ciencia e a racionalidade consideras meros aspectos da discusión crítica das teorías científicas. Os científicos nas súas discusións críticas non atacan argumentos para soster teorías, atacan estas como solucións de problemas, porque, para manter a obxectividade, non aceptan calquera teoría como dogma. E para marcar a diferenzas, establece estas dúas seguintes preguntas:
-¿Cando se produce o eclipse de lúa?. É un problema das ciencias naturais. Aquí pode resolverse sen acudir a un modelo.
-¿Cando se producirá a próxima taxa do emprego?. É un problema das ciencias sociais. Resólvese por medio da construción dun MODELO.
Pero, que entende Popper por modelo?. A súa definición é esta: "Os modelos sociais son SITUACIÓNS ou condicións TÍPICAS", e os das ciencias sociais teóricas "son en esencia descricións ou construcións de SITUACIÓNS SOCIAIS TÍPICAS". Aquí o importante é a "situación social".
En todo caso, "non estamos en condicións de decidir se un enunciado ou unha teoría son verdadeiras ou non. Distinguir a verdade pode ser unha empresa moi difícil e a miúdo imposible", p. 173. Xustamente por isto Popper pensa que a expresión "aproximarse á verdade" ten máis sentido que "descubrir a verdade", e ofrécenos estes exemplos: "o modelo de Copérnico parece ser unha aproximación maior á verdade que o de Ptolomeo; o de Kepler, que o de Copérnico; o de Newton, que o de Copérnico, e o de Einstein, mellor aínda", p.174. Aquí os métodos poden ser moi bos, sobre todo en canto "nos permiten disentir criticamente cal das teorías rivais, ou modelos, é unha aproximación mellor á verdade", p. 174.
Engade que os problemas de coñecemento puro son problemas teóricos, problemas de explicación, que poden ter a súa orixe nun problema práctico. Exemplifica: ¿Qué se pode facer para combater a pobreza?. Isto leva ao problema teórico: ¿Por que é pobre a xente?, que abre o recurso ao problema do salario, etc. Tamén considera o principio de racionalidade como a "adecuación da acción como parte integral de toda, ou case toda, teoría social contrastable", p. 175, mais obxectóuselle esta súa posición, posto que el libra ao principio de racionalidade de toda quebra dunha teoría, e considera que debe sosterse o principio como parte da metodoloxía, explicándoo nos seguintes termos: "O principal argumento en favor desta política é que o noso modelo é moito máis interesante e informativo, e moito mellor contrastable, que o principio da adecuación as nosas accións", p. 175.
No caso das guerras, por exemplo, a maioría dos dirixentes son inadecuados, aínda que as súas accións se poidan comprender como adecuadas a como eles ven a situación. Aquí a racionalidade, como actitude persoal é a disposición a corrixir as propias crenzas que comprometen; pero a visión dun home comprometido, cualifícaa Popper como a visión dun louco. É que, ademais, o principio de racionalidade non ten nada que ver con que os homes sexan racionais.
Unhas liñas acerca do NACIONALISMO talvez non sobren en España. Tamén este filósofo nos aportou algo. Comeza dicindo que "a idea do nacionalismo é unha idea filosófica", p. 182.; pero a teoría política de absoluto, segundo el mesmo opina, non só é unha concepción desafortunada e incluso maligna, senón tamén imposible de realizar na práctica. A esta idea hai que engadir a da liberdade política, a da protección das minorías lingüísticas e relixiosas e a da democracia, que son fundamentais e verdadeiras, aínda que se defendan con teorías filosóficas insostibles. Véxase a p.183. Fai referencia a Thomas Masaryk, político e filósofo checoslovaco. Escribe, p. 182, que é significativo que a doutrina de Masaryk acerca de que "Austria-Hungría, Estado... "antinacional", que debe ser desmembrado," (...) derivaba dunha DOUTRINA FILOSÓFICA equivocada: EL PRINCIPO FILOSÓFICO DE ESTADO-NACIÓN. Pero este principio do nacionalismo político, como se di máis arriba, non só é unha concepción desafortunada e incluso maligna, senón tamén imposible de realizar na práctica. Por esta razón non existen as nacións no sentido que lle dan os que o defenden, POIS SON CONSTRUCIÓN TEÓRICAS, E AS TEORÍAS SOBRE CUXA BASE SE ERIXEN, SON COMPLETAMENFE INADECUADAS E TOTALMENTE INAPLICABLES EN EUROPA. (As maiúsculas son miñas).
É indiscutible que hai ideas filosóficas boas..., como tolerancia relixiosa e respecto ás opinións diferentes das nosas..., tamén as de xustiza e liberdade. Isto facilita a convenza. Así o cre Popper; pero xa Kant aportou a primeira idea dunha federación mundial e unha liga de nacións. Non obstante, Lutero loitou contra Erasmo, porque advertiu que a idea da paz ligábase a da tolerancia, con máis mártires pola idea dela, que polo cristianismo. Por isto, o noso filósofo da testemuña da vitoria espiritual de Erasmo, "ao contemplar hoxe o cristianismo como unha forza pola paz e a tolerancia". Debemos, pois, valorar as ideas relixiosas e filosóficas con mentalidade crítica e selectiva. Ver pp. 185-186.
Partindo de que o mesmo Popper considera as TRES FORZAS MÁIS DISTINTIVAS E CARACTERÍSTICAS DA HISTORIA DE EUROPA, "a nosa civilización industrial", "a nosa ciencia e a súa influenza" e "a nosa idea da liberdade", establece a relación delas cunha EPISTEMOLOXÍA MOI CARACTERÍSTICA DE EUROPA, a da CAVERNA DE PLATÓN, na que representaba o "mundo dos fenómenos" como sombras, que proxectaba un "mundo real", oculto detrás do dos fenómenos. El chámalle a isto PESIMISMO EPISTÉMICO, porque non podemos chegar a coñecelo. Non obstante, Platón complementouno cun "optimismo epistemolóxico", que seguiu formando parte da nosa civilización occidental: Este mundo pode descubrirse mercé ao PODER DA RAZÓN CRÍTICA, QUE LEVA Á CIENCIA.
Pero xa algo máis de tres séculos antes que os europeos, razoaban os filósofos xónicos. E Popper resume isto nunha teses: O industrialismo de Europa, a súa ciencia e a súa idea política de liberdade, é dicir, as características e aspectos fundamentais da civilización europea que mencionei, son un produto do que chamei "optimismo epistemolóxico", pp.188-189. A industria é específica de Europa, como desenrolo da ciencia, aínda que os marxistas diríannos que a ciencia é produto da industrialización, pero isto -di o filósofo- non parece que sexa verdadeiro, pois tanto a ciencia como a industria son produto do "optimismo epistemolóxico", esa idea do dominio do home sobre a natureza, a que nos referimos en colaboracións anteriores, a propósito das problemáticas ecolóxicos nos nosos días.
Para non estenderme máis, resumo o que resta da obra citada de Popper, nos seguintes termos: Bacon, padre da ciencia: na obra "La Nueva Atlántida", ocupouse da liberación propia do home da natureza, mercé ao relixiosa, como profeta, quen, con outros sabios do Renacemento, pertenceu a dous mundos: ao misticismo e a maxia da palabra en combinación coa fe autoritaria nun secreto perdido, A SABEDURIA DOS ANTIGOS; e ao mundo da confianza na nosa capacidade para aumentar o coñecemento; a evolución da ciencia, da industria e da tecnoloxía enriqueceu "interactuando", p.187; a ciencia do Renacemento debe considerarse como continuación da Cosmoloxía grega dos xónicos, pitagóricos, platónicos e aristotélicos, atomistas e xeómetras, p. 198. É importante que de Einstein aprendemos que a ciencia nos ofrece tan só hipóteses ou conxecturas, que non coñecemento certo, p. 198; e en relación á democracia, á que tamén dedica unha liñas, di que é a forma de vida mellor, p. 200., e que hai que traballar pola súa supervivencia. Entón, déixenme que engade eu, que debemos seleccionar, con indiscutible coidado, os obreiros que se dediquen sen hipocrisía a este mester.